San Pantaleón das Viñas, Paderne
San Pantaleón das Viñas | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Pantaleón das Viñas. | |
Concello | Paderne[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°19′37″N 8°11′47″O / 43.327, -8.1964 |
Poboación | 656 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pantaleón das Viñas é unha parroquia do concello de Paderne, na comarca de Betanzos (provincia da Coruña). Segundo o IGE en 2011 tiña 656 habitantes (342 mulleres e 314 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento respecto do ano 1999, cando tiña 655 habitantes.
Está situada ao norte do concello, e linda coas parroquias de Souto e Vilouzás.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O pazo de Montecelo está situado fronte á igrexa parroquial, xunto á vía inglesa do camiño de Santiago. O edificio actual data do século XVII ou XVIII, aparecendo xa nun inventario familiar feito en 1771.
A casa de San Pantaleón das Viñas ten a súa orixe a mediados do século XV, mercede á concesión dun foro do abade do mosteiro de San Martiño Pinario ao couto de San Pantaleón coa súa xurisdición civil e criminal á familia Díaz de Andrade. Os primeiros señores de San Pantaleón das Viñas foron o capitán Rodrigo Díaz de Andrade, que participou na reconquista de Granada, e a súa muller, Constanza de Castro, enterrada no convento de San Francisco de Viveiro, ao seren tamén señores do couto de Silán (actual concello de Muras). A mediados do século XVII o pazo comezou a ser coñecido como pazo ou casa da Misericordia, ao casar un dos herdeiros coa titular do pazo da Misericordia de Viveiro. A sucesión no foro e no morgado pasou á familia López de Andrade e posteriormente á Fajardo de Andrade. A comezos do século XVIII Gertrudis Fajardo de Andrade casou co seu curmán Juan Antonio Bermúdez de Castro y Fajardo de Andrade.
O período de maior esplendor é baixo o señorío de José María Bermúdez de Castro y Pardo, nado en Viveiro en 1799. Reformou e modernizou a explotación das súas propiedades, aumentando a produción dos muíños de Ponte Lambre, introduciu o cultivo de especies novas, e reformou e cercou o pazo. En 1816 casou con María del Carmen Mosquera Ribera, coa que ten un fillo, Francisco, que crearía o gran xardín do pazo. Trala morte deste e da súa muller Aurelia, o pazo pasa ao seu fillo Ricardo, que morre sen descendencia. O pazo pasa a mans dunha sobriña da muller de Ricardo, a Amparo Quiroga Navia. Esta muller casou con Jorge Quiroga García del Hoyo, herdando o pazo a súa filla Amparo Quiroga Quiroga, que casou con Gonzalo de Vargas Fernández de Córdoba.
Amparo Quiroga vendeu o pazo á entidade Lambre S.A., que o rehabilitou coa axuda da Fundación Montecelo, constituída para ese fin. As instalacións están alugadas á Asociación Cultural Montecelo, vencellada ao Opus Dei.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Paderne.
-
Pórtico da igrexa de San Pantaleón das Viñas.
-
Capiteis do pórtico da igrexa de San Pantaleón das Viñas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Pantaleón das Viñas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Pantaleón das Viñas no concello de Paderne (A Coruña) | |
---|---|
Os Barreiros | A Insua | Lambre | O Loureiro | Montecelo | A Ponte do Lambre | A Ponte do Porco | Porto de Abaixo | Trasmil |
Parroquias de Paderne
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gómez-Iglesias Casal, A.: "O pazo de Montecelo", na revista Feira de Paderne, xullo de 2001.
- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2004). "San Pantaleón das Viñas". A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (18).